DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Mércores, 9 de setembro de 2026 Páx. 48405

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 13 de agosto de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS210A LU 75735 e once máis.

De conformidade cos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, por medio deste anuncio emprázanse, para seren notificadas das resolucións ditadas, as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou a través das persoas que as representan.

Para coñeceren o contido íntegro dos actos administrativos que se notifican, as ditas persoas interesadas, ou as persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Dependencia do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Serra dos Ancares, 68, 27071, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que contra as resolucións que se notifican, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer a reclamación previa á vía xurisdicional social neste departamento territorial no prazo de trinta días hábiles, contados desde o día seguinte ao da notificación das ditas resolucións, efectuada por comparecencia, de conformidade co artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Lugo, 13 de agosto de 2026

O director territorial de Lugo
P.S. (Artigo 35.2.1.e) do Decreto 139/2024, do 20 de maio)
Sandra María Colmenares Díaz
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Procedemento BS210A

Número de expediente

Persoa interesada

Contido do acto administrativo

Data do acto administrativo

LU-0000075735

34275798W

Resolución de extinción

10.6.2026

LU-0000074052

34220090T

Resolución de extinción

3.6.2026

LU-0000060025

33340672X

Resolución de extinción

5.5.2026

LU-0000021727

X9229269J

Resolución de extinción

1.6.2026

LU-0000060409

76554211E

Resolución de extinción

19.5.2026

LU-0000063505

35424396A

Resolución de extinción

18.5.2026

LU-0000082088

34304010Q

Resolución de recoñecemento do grao

4.6.2026

LU-0000080047

33648723E

Resolución de recoñecemento do grao

4.6.2026

LU-0000076602

33714180K

Resolución de recoñecemento do grao

29.5.2026

LU-0000075755

33311352S

Resolución de recoñecemento do grao

11.3.2026

LU-0000073337

76614171K

Resolución de recoñecemento do grao

5.3.2026

LU-000074504

22359930C

Resolución de recoñecemento dos graos e programa individual

7.4.2026