DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Mércores, 9 de setembro de 2026 Páx. 48407

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 24 de agosto de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se notifica o acto administrativo ditado no procedemento BS650A (expediente 32/00074-I/26).

Ao abeiro do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a este departamento territorial, tentada a notificación do requirimento de documentación ditado no trámite inicial, no último enderezo coñecido da persoa interesada, sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícaselle a través deste anuncio o dito requirimento á persoa citada no anexo, que é emprazada para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, compareza en persoa, ou debidamente representada, nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense (rúa Sáenz Díez, núm. 33, baixo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñecer o contido íntegro do referido acto. Transcorrido o dito prazo, de non o facer, considerarase efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase tamén no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselle que, transcorrido o prazo que se indique no requirimento, contado desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia, sen ter presentado a documentación, se paralizará o expediente co arquivamento das actuacións efectuadas, de conformidade co establecido no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 24 de agosto de 2026

Santiago Álvarez González
Director territorial de Ourense

ANEXO

Procedemento BS650A

Nº de expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

32/00074-I/26

Y4096256Q

Requirimento de documentación

3.6.2026