A través da Resolución da alcaldesa en funcións (Resolución de delegación do 31 de xullo de 2026) número 2026-0586, do 10 de agosto de 2026, aprobouse a oferta de emprego público para o ano 2026, tal e como se especifica a seguir:
|
Denominación |
Grupo |
Tipo de vínculo |
Número de prazas |
Quenda |
|
Coordinador/a información xeral-auxiliar administrativo/a |
C2 |
Funcionario/a de carreira Escala Administración xeral (auxiliar administrativo/a) |
1 |
Libre |
|
Total prazas OEP 2026 |
1 |
|||
De conformidade co artigo 70 do texto refundido do Estatuto básico do empregado público, e co artigo 48.4 da Lei 2/2015, do 28 de abril, do emprego público de Galicia, o prazo máximo para a convocatoria dos correspondentes procesos selectivos será de tres anos, contados desde a publicación desta oferta de emprego público no Boletín Oficial da provincia.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñerse ou ben recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación, ante o mesmo órgano que emitiu o acto, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Vigo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. De optar por interpoñer o recurso potestativo de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que aquel se resolva expresamente ou ata que se produza a súa desestimación por silencio. Todo isto, sen prexuízo de que se poida exercitar calquera outro recurso que se estime pertinente.
O texto íntegro da resolución está publicado e á disposición das persoas interesadas na sede electrónica do Concello de Pazos de Borbén (https://pazosdeborben.sedelectronica.gal), no portal de transparencia e no taboleiro de anuncios do Concello.
Pazos de Borbén, 10 de agosto de 2026
María Victoria Couñago Corujeira
Alcaldesa en funcións (segundo a
Resolución de delegación do 31 de xullo de 2026)
