A concellería responsable da Área de Servizos non Territorializados, mediante as resolucións do 22 de xuño de 2026 e do 10 de xullo de 2026, nomeou persoal funcionario de carreira deste concello a:
– Begoña Fraguas Mosquera, co DNI ***0372**, para ocupar unha praza de subalterna da escala da Administración xeral, integrada dentro do grupo de agrupacións profesionais, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo de sistema de oposición libre.
– María Elena Méndez Cordeiro, co DNI ***1629**, para ocupar unha praza de subalterna da escala da Administración xeral, integrada dentro do grupo de agrupacións profesionais, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de oposición libre.
– José Manuel Pérez Fontán, co DNI ***8714**, para ocupar unha praza de oficial canteiro da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de oposición libre.
Os ditos nomeamentos efectuáronse segundo proposta do tribunal cualificador, o que se publica de conformidade co que dispón o artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.
Contra estas resolucións de nomeamento, que poñen fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer ou ben recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditase, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, perante a Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de Pontevedra. Non obstante, tamén poderán interpoñer calquera outro recurso que xulguen procedente e que sexa conforme a dereito.
Pontevedra, 29 de xullo de 2026
O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 12.2.2026)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira responsable da Área de Servizos non Territorializados
