No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 184, do 13 de agosto de 2026, publicáronse as bases do proceso selectivo para a cobertura, como persoal funcionario de carreira dunha praza de xestor/a cultural (25 horas/semana), escala de Administración especial, subescala técnica, grupo C, subgrupo C1, incluída na oferta de emprego público do Concello de Sarria do ano 2025 polo sistema de concurso-oposición en quenda libre.
De conformidade co disposto nas citadas bases, o prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios realizaranse na sede electrónica da páxina web municipal (https://sarria.sedelectronica.es).
Sarria, 13 de agosto de 2026
Claudio Melquíades Garrido Martínez
Alcalde
