Ao ser preciso o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e da retirada de árbores das especies incluídas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e conforme o establecido no artigos 22.3 da Lei 3/2007, e nos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados nun procedemento son descoñecidos, ou non sexa posible a notificación aos interesados, as notificacións efectuaranse mediante un anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado cos datos identificativos do terreo, a eficacia do acto notificado quedará supeditada á publicación no Boletín Oficial del Estado.
Mediante este anuncio comunícaselles e requíreselles ás persoas responsables a súa obriga de xestión da biomasa e/ou retirada das especies arbóreas prohibidas, para o cal son requiridas e concédenlle un prazo máximo de quince días naturais contados desde a publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Unha vez que transcorra o dito prazo, e no caso de persistencia no incumprimento, procederase á execución subsidiaria con repercusión na propiedade dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda pola comisión dunha infracción leve tipificada no artigo 50.2.1 da Lei 3/2007, sancionable con ata 1.000,00 €, segundo establece o artigo 74 da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes.
Ademais, advírteselles que o incumprimento da xestión da biomasa conforme o artigo 21.ter da Lei 3/2007 poderá supoñer a repercusión dos gastos de extinción de incendios, no caso de producirse, conforme o establecido no artigo 48.9 do citado texto legal.
Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas interesadas que poderán acceder ao expediente completo nas oficinas municipais do Concello de Cenlle.
|
Núm. de expediente |
Nome/DNI/CIF |
Referencia catastral |
|
223/2026 |
Rodríguez, Celsa |
32026A005000520000TJ |
|
225/2026 |
García Gómez, Avelino |
32026A019007300000TB |
|
227/2026 |
Rivera Conde, Carmen (herdeiros de) |
32026A011006760000TK |
|
228/2026 |
Sabucedo Suárez, Ana Raquel |
32026A015000030000TM |
|
228/2026 |
Fernández Bernárdez, María Adosinda (herdeiros de) |
32026A015001290000TM |
|
247/2026 |
Losada Alén, María Orosia |
32026A029000110000TE |
|
21/2025 |
Fernández Vázquez, Agapito |
32026A015000440000TI |
|
283/2026 |
Rodríguez, Alejandro |
4978308NG7847N0001TY |
|
285/2026 |
Pérez Martínez, Luis |
32026A036002150000TG |
Cenlle, 20 de agosto de 2026
Rebeca Sotelo Fernández
Alcaldesa
