DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Xoves, 10 de setembro de 2026 Páx. 48497

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 24 de agosto de 2026, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución relativa á revisión do esbozo do monte veciñal en man común Tapada do Crego, Ribadeira e Extremadoiro, no concello de Lobios.

Examinada a solicitude de revisión do esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común (en diante, MVMC) Tapada do Crego, Ribadeira e Extremadoiro, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (en diante, CMVMC) de Gustomeao, A Regada e Sa, no concello de Lobios, resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. O 6.12.2025, a CMVMC de Gustomeao, A Regada e Sa presentou unha solicitude (Rexel núm. 2025/3407936) de revisión do esbozo do MVMC Tapada do Crego, Ribadeira e Extremadoiro, no concello de Lobios.

Coa solicitude achegaron a seguinte documentación:

– Certificación do Acordo da Asemblea Xeral do 22 de novembro de 2025.

– Informe e planos.

– Arquivos xeográficos en formato vectorial.

Segundo. O Servizo de Montes do Departamento Territorial de Ourense emitiu un informe favorable o día 6.2.2026 en relación coa citada solicitude. A revisión de esbozo solicitada comprende as partes estremeiras con particulares.

A superficie do MVMC Tapada do Crego, Ribadeira e Extremadoiro, unha vez modificado o esbozo, sería de 239,35 ha fronte ás 246,14 ha clasificadas, o que supón unha redución do 2,8 %.

Tendo en conta o anterior, emítese un informe favorable sobre a revisión do esbozo solicitada.

Consideracións legais e técnicas:

Única. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo terceira establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

De acordo con ela, os esbozos de montes veciñais integrados nun expediente que, pola súa antigüidade, non reúnan as características de fiabilidade e precisión que exixen as novas técnicas topográficas poderán ser revisados axustándose e completándose con aqueles datos e documentos que se consideren necesarios, en particular os requiridos para a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 6.2.2026, o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común acordou, por unanimidade, o día 22.6.2026:

Aprobar a proposta de revisión do esbozo do MVMC Tapada do Crego, Ribadeira e Extremadoiro, pertencente á CMVMC de Gustomeao, A Regada e Sa, no concello de Lobios.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 24 de agosto de 2026

José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

ANEXO

missing image file