Polo Acordo do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo do 12 de xuño de 2026 faise público o seguinte:
O 16.9.2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 178 o anuncio de apertura do prazo de alegacións para a ampliación de clasificación do monte de Santa Leocadia. Tras a revisión técnica do expediente, comprobouse que a identificación xeográfica das superficies inicialmente publicadas contiña deficiencias que requiren a súa corrección. Así mesmo, detectouse que existen novas superficies independentes, pertencentes ao mesmo monte, polo que procede a súa incorporación a este procedemento.
Tendo en conta o anterior, nas seguintes táboas indícanse as referencias catastrais das parcelas obxecto de clasificación, así como das estremeiras. Os planos que figuran no anexo, ao final deste anuncio, facilitan a súa localización.
– Táboa 1. Superficie inicial rectificada.
|
Zona |
Parcelas obxecto de clasificación |
Estrema |
Referencia catastral |
|
A Raposeira |
27022A34000133 27022A34000138 27022A34000139 27022A34000010 (parcialmente) 27022A34000011 (parcialmente) 27022A34000016 (parcialmente) 27022A34000021 (parcialmente) 27022A34000023 (parcialmente) |
Norte |
27022A34009008 (camiño) 27022A34009015 (camiño) 27022A34000011 |
|
Leste |
27022A34000010 27022A34000012 |
||
|
Sur |
27022A34000016 27022A34000021 27022A34000023 27022A34009011 (camiño) |
||
|
Oeste |
27022A34009017 (camiño) |
||
|
A Conchada |
27022A36200006 27022A36200009 27022A37300025 27022A37300027 27022A37300029 27022A37300030 27022A37300031 27022A37300034 |
Norte |
27022A37309001 (camiño) |
|
Leste |
27022A37309003 (camiño) 27022A36209004 (camiño) 27022A36200007 |
||
|
Sur |
27022A36200008 27022A36200010 27022A36200011 27022A37300023 |
||
|
Oeste |
27022A37309005 (regato) 27022A37300026 |
– Táboa 2. Novas superficies incorporadas no expediente.
|
Zona |
Parcelas obxecto de clasificación |
Estrema |
Referencia catastral |
|
Porto Carreiro |
27022A35900055 |
Norte |
27022A35900056 |
|
Leste |
27022A35900056 27022A35900057 |
||
|
Sur |
27022A35900057 |
||
|
Oeste |
27022A35909005 (camiño) |
||
|
O Curro |
27022A35600268 (parcialmente) 27022A35600323 27022A35900060 (parcialmente) |
Norte |
27022A35600268 27022A35609009 (camiño) 27022A35909005 (camiño) 27022A35900060 |
|
Leste |
27022A35900060 |
||
|
Sur |
27022A35909004 (camiño) 27022A35609012 (camiño) |
||
|
Oeste |
27022A35600268 27022A35600269 |
A descrición anterior supón unha alteración substancial do obxecto do expediente, polo que se abre un novo período dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para que os interesados poidan intervir no expediente e formular as alegacións que coiden oportunas, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen convenientes, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Cabe indicar que as alegacións presentadas polas persoas interesadas durante o primeiro período, correspondente á publicación do 16.9.2025, manterán a súa constancia no expediente e non é necesario presentalas novamente, sen prexuízo de que poidan completar ou actualizar a documentación achegada dentro do novo prazo.
Lugo, 24 de agosto de 2026
Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo
