DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Xoves, 10 de setembro de 2026 Páx. 48488

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 1 de setembro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, de convocatoria para a redacción das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2025/014-1, no concello de Cee.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócase a todas as persoas interesadas no acto de redacción das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA POT806 substitución de apoios 969Q31QI//28-33 e 968I68WH//28-34, no concello de Cee (expediente IN407A 2025/014-1), acto que se realizará en primeiro lugar sobre o terreo para a toma de datos e coa posterior redacción definitiva das actas nas dependencias da casa do concello, na data e no horario aproximado que se sinalan no anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, en por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como tamén os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 1 de setembro de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2025/014-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Regulamentación LMTA POT806 substitución de apoios 969Q31QI//28-33 e 968I68WH//28-34.

Concello: Cee.

Predio

Lugar

Referencia catastral

Titularidade

Data

Hora

2

San Xosé, A Pereiriña

24167003MH8621N0001MG

Descoñecida

27.10.2026

11.25