DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Xoves, 10 de setembro de 2026 Páx. 48481

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Boiro (expediente IN407A 2024/277-1).

Expediente: IN407A 2024/277-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: LMTA BOI802 substitución apoios do 9O57ILH2//29-3 ao 9O1NRRH1//29-7.

Concello: Boiro.

Feitos:

1. O día 4.9.2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada, por mor do seu mal estado e das distancias antirregulamentarias ao terreo.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada, presentan o proxecto de execución denominado LMTA BOI802 substitución apoios do 9O57ILH2//29-3 ao 9O1NRRH1//29-7, asinado o día 21.6.2024 por Ángel Pérez Vidal, enxeñeiro técnico industrial graduado en Enxeñaría Eléctrica, nº colexiado 4.781 de Vigo (COITIVigo).

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo do 8.4.2026, publicado nos seguintes medios:

• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

• DOG: 30.4.2026.

• BOP: 14.4.2026.

• Xornal La Voz de Galicia: 21.4.2026.

• Taboleiro de anuncios do Concello: segundo certificado municipal do 17.7.2026.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Boiro, Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático: Augas de Galicia e Instituto de Estudos do Territorio. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.

5. O día 18.8.2026 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG nº 101, do 27 de maio).

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións obxecto deste expediente están situadas en Boiro de Arriba, no concello de Boiro, e as súas características técnicas son as seguintes:

• Substitución dos apoios 29-3, 29-4, 29-5, 29-6 e 29-7 da LMTA BOI802 por novos apoios celosía con cambio de traza.

• Liña eléctrica de media tensión aérea (actuación nº 1), a 20 kV, cunha lonxitude de 437 m, con orixe no novo apoio 29-2, condutor tipo LA-110 mm2 e LA-56 mm2, e final no novo apoio 29-7. Retensado dos vans adxacentes.

• Liña eléctrica de media tensión aérea (actuación nº 2), a 20 kV, cunha lonxitude de 109 m, con orixe no apoio proxectado en substitución do existente 9O2C92TE//29-4, condutor tipo LA-56 mm2 Al, e final no apoio existente 9O17C1X9//29-4-2.

4. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos á expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume que sinala o artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar perante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou ao equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e dos requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia á persoa interesada, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 20 de agosto de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Boiro

Nº parcela

Lugar

Referencia catastral

Cultivo

Titular

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº//centro de

transformación

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

2

Leira do Muíño

15011A016000940000XH

Rústico/agrario/ matogueira

Descoñecido/a

3,0

3

Calcadoiro

15011A016002950000XP

Rústico/agrario/labradío

María del Carmen López Piñeiro

Proxectado nº 4

(apoio 9O2SOS5T//29-6)

2,0

1,0

220,0

4

Calcadoiro

15011A016007670000XB

Rústico/agrario/labradío

María del Carmen López Piñeiro

104,0

5

Vimieiro

15011A016007810000XM

Rústico/agrario/labradío

Descoñecido/a

113,0

6

Calcadoiro

15011A016007800000XF

Rústico/agrario/labradío

Descoñecido/a

6,0

294,0

7

Calcadoiro

15011A016007680000XY

Rústico/agrario/labradío

David

142,0

8

Calcadoiro

15011A016004730000XS

Rústico/agrario/labradío

Descoñecido/a

Proxectado nº 3

(apoio 9O2L8DJT//29-5)

2,0

2,0

166,0

9

Vimieiro

15011A016002990001MQ

Rústico/agrario/labradío

Descoñecido/a

5,0

270,0

10

Vimieiro

15011A016002940001MW

Rústico/agrario/labradío e prados

Descoñecido/a

88,0

1.532,0

11

Salgueiral 15011A016002930000XG

Rústico/agrario/prados

Descoñecido/a

Proxectado nº 2

(apoio 9O2C92TE//29-4)

2,0

8,0

772,0

12

Salgueiral

15011A016002920000XY

Rústico/agrario/prados

Descoñecido/a

31,0

827,0

13

Salgueiral

15011A016007520000XR

Rústico/agrario/prados

Descoñecido/a

6,0

87,0

14

Salgueiral

5011A016007530000XD

Rústico/agrario/prados

Descoñecido/a

9,0

131,0

15

Salgueiral

5011A016002900000XA

Rústico/agrario/prados

Descoñecido/a

10,0

170,0

16

Vimieiro

15011A016004650000XD

Rústico/agrario/labradío

Descoñecido/a

4,0

64,0

17

Vimieiro

15011A016004710000XJ

Rústico/agrario/prados

Descoñecido/a

10

171,0

18

Vimieiro

15011A016004720000XE

Rústico/agrario/prados

Descoñecido/a

27,0

447,0

19

Vimieiro

15011A016006410000XB

Rústico/agrario/prados

Descoñecido/a

35,0

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada.