Expediente: IN407A 2026/106-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación do proxecto: Regulamentación LMTA, LMTS VDC707, adecuación CT Pereiro (15CP57) e RBTS na rúa Pereiro.
Concello: Fene.
Feitos:
1. O día 30.4.2026, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de regulamentar un tramo de liña de media tensión aérea, debido á distancia antirregulamentaria ao terreo, e a substitución dun CT por condicionantes técnicos, a súa proximidade ao final da súa vida útil e a existencia de defectos estruturais visibles.
Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto que inclúe memoria, planos e presuposto, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que comprende os seguintes documentos:
• Proxecto de execución denominado Regulamentación LMTA, LMTS VDC707, adecuación CT Pereiro (15CP57) e RBTS na rúa Pereiro (Fene), asinado por Antonio Javier Sabín Vázquez, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, núm. de colexiado 2.233, o 21.4.2026.
• Contestación ao requirimento, asinado por Antonio Javier Sabín Vázquez, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, núm. de colexiado 2.233, o 18.5.2026.
2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitóuselles o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Patrimonio Cultural, Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Augas de Galicia, ADIF, Concello de Fene, e Deputación da Coruña. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.
4. O día 18.8.2026 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
2. Lexislación de aplicación:
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
3. Características técnicas:
As instalacións obxecto deste expediente están situadas na rúa Pereiro, no concello de Fene e as súas características técnicas son as seguintes:
– Desmantelamento dun tramo de liña de media tensión aérea da VDC707 entre o CT Pereiro (15CP57) e o CT Marnela (15CP43), cunha lonxitude de 646 metros (condutor LA-30).
– Liña de media tensión subterránea, a 15 kV, cunha lonxitude de 442 m, coa orixe en empalme proxectado coa LMTS VDC707, no tramo entre o CS Pombal (15CJZD) e o paso aéreo-subterráneo no apoio APPOVKCB//32-45, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final en cela de tensión existente no CT Marnela (15CP43).
– Para poder realizar a conexión das liñas de media tensión que chegan ao centro de transformación de tipo pombal denominado Pereiro (matrícula 15CP57) con expediente de industria IN407A 2016/1608-1, proxéctase a súa adecuación, coa instalación dun novo centro de transformación compacto manobra exterior telecontrolado GSM/GPRS/FO 2L+1P de 250 kVA/15 kV, para situar no interior da caseta de obra civil existente reformada.
4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
De acordo con todo o exposto,
RESOLVO:
A) Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.
B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar perante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
D) Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia á persoa interesada, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.
Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.
A Coruña, 20 de agosto de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
