DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Xoves, 10 de setembro de 2026 Páx. 48517

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade de Concellos Barbanza Arousa

ANUNCIO do 17 de agosto de 2026 polo que se convoca unha praza de auxiliar administrativo/a de persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso en quenda libre.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 143, do 30 de xullo de 2026, publicáronse integramente as bases específicas que rexerán a convocatoria para prover unha praza de auxiliar administrativo/a de persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a estas convocatorias, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Boiro, 17 de agosto de 2026

José Carlos Vidal Suárez
Presidente da Mancomunidade
de Concellos Barbanza Arousa