Mediante decreto da Concellería de Medio Ambiente e Axenda 2030, acórdase ordenar a execución forzosa mediante a execución subsidiaria de limpeza de parcela consistente na xestión da biomasa da parcela referida no cadro adxunto.
De conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou o medio a que se refire a alínea 1ª deste artigo, ou ben tras intentar a notificación, non se puidese efectuar, a dita notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado; poñendo en coñecemento do interesado que o contido íntegro do mencionado decreto se atopa á súa disposición no Departamento de Urbanismo do Concello de Tomiño, de conformidade co disposto no artigo 46 da mencionada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a súa consulta no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o día seguinte á publicación deste anuncio. Unha vez que transcorra o dito prazo a notificación enténdese producida e o interesado poderá interpoñer os seguintes recursos:
a) Con carácter potestativo, recurso de reposición ante a Alcaldía no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da notificación. Se transcorre un mes desde o día seguinte ao da interposición do recurso de reposición sen que este fose resolto e notificado, poderá entender que foi desestimado e interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de seis meses.
b) Recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo dentro do prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación.
Poderá interpoñer calquera outro que crea conveniente ao seu dereito.
|
Núm. de expediente |
Nome/DNI/CIF |
Referencia catastral |
|
2265/2025 |
36121981K |
36054A086005570000EJ |
Tomiño, 6 de agosto de 2026
A alcaldesa
P.D. (Resolución da Alcaldía núm. 2023/1192, do 21 de xullo)
Ana Belén Casaleiro González
Concelleira de Medio Ambiente e Axenda 2030
