DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Xoves, 10 de setembro de 2026 Páx. 48503

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 1 de setembro de 2026 pola que se emprazan as persoas interesadas no procedemento abreviado número 60 2026 no expediente de reposición da legalidade número LU-0099-2024 EF 1MC.

Para os efectos de cumprir o solicitado pola Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de Lugo, praza número 1, en relación co procedemento abreviado número 60 2026, interposto pola persoa con DNI 09308360F contra a resolución desestimatoria ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no recurso de reposición o 25 de novembro de 2025, interposto contra outra do 12 de setembro de 2025, expediente LU-0099-2024 EF 1MC, na que se impón unha primeira multa coercitiva, da que responden de forma solidaria as persoas con DNI 09308360F e 09327171G, como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 6 de novembro de 2023 e 4 de abril de 2024, esta dirección

RESOLVEU:

Ordenar a remisión do correspondente expediente á Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de Lugo, praza número 1.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante esta cédula (que, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se lle notifica mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase á persoa con DNI 09327171G para que poida comparecer como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2026

María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística