DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Xoves, 10 de setembro de 2026 Páx. 48449

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2026 pola que se publican os convenios de colaboración asinados no segundo cuadrimestre de 2026.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, publícase a relación dos convenios de colaboración que asinou a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no segundo cuadrimestre de 2026, que figuran no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2026

María Paz Rodríguez Rivera
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data de sinatura

Achega

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello do Páramo

Convenio entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello do Páramo para a concesión dunha subvención directa ao proxecto senlleiro para a instalación dunha báscula de camións unidireccional dentro da categoría de Promoción e posta en valor dos produtos agroalimentarios da comarca.

7.5.2026

48.399,36 €

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Cerdedo Cotobade

Convenio entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Cerdedo Cotobade para a concesión dunha subvención directa ao proxecto senlleiro de rehabilitación da Ponte Borela, dentro da categoría de Promoción e posta en valor do patrimonio histórico da comarca.

5.6.2026

10.406,00 €

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e a Asociación Veciñal de Donís

Convenio entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e a Asociación Veciñal de Donís para a concesión dunha subvención directa ao proxecto senlleiro Construción dunha área recreativa na contorna de Donís, dentro da categoría de Promoción e posta en valor da contorna natural da comarca.

19.6.2026

22.104,18 €

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Monterrei

Convenio entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Monterrei para a humanización de espazos públicos nos núcleos de Medeiros e A Madanela, dentro da categoría de Promoción e posta en valor da vida social, cultural e educativa da comarca.

30.7.2026

89.999,99 €

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Curtis

Convenio entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Curtis para a concesión dunha subvención directa ao proxecto senlleiro para a exposición Vai de Vacas dentro da categoría de Promoción e posta en valor da vida social, cultural e educativa da comarca.

25.6.2026

4.823,18 €

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Bóveda

Convenio entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Bóveda para a concesión dunha subvención directa ao proxecto senlleiro para a renovación de parques infantís no concello de Bóveda, dentro da categoría de promoción e posta en valor da vida social, cultural e educativa da comarca.

29.7.2026

102.845,90 €

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Vilarmaior

Convenio entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Vilarmaior para a concesión dunha subvención directa ao proxecto senlleiro para a rehabilitación e a adecuación fonte Sucamiño dentro da categoría de promoción e posta en valor do patrimonio histórico da comarca.

29.7.2026

31.405,16 €

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Monterrei

Convenio entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Monterrei para a concesión dunha subvención directa ao proxecto senlleiro para a rehabilitación de edificación existente para ampliación de local social, dentro da categoría de Promoción e posta en valor da vida social, cultural e educativa da comarca.

30.7.2026

120.000,00 €

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Ribadeo

Convenio entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Ribadeo para a concesión dunha subvención directa ao proxecto senlleiro Melloras na contorna da escola de Couxela dentro da categoría de Promoción e posta en valor da vida social, cultural e educativa da comarca.

26.6.2026

48.396,10 €

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Ribadeo

Convenio entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Ribadeo para a concesión dunha subvención directa ao proxecto senlleiro Melloras no teleclube de Arante, dentro da categoría de Promoción e posta en valor da vida social, cultural e educativa da comarca.

10.7.2026

37.116,04 €

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e a Universidade de Santiago de Compostela

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e a Universidade de Santiago de Compostela para a organización de sete cursos de formación específica para a adquisición de competencias dixitais dirixido aos profesionais e á cidadanía do medio rural, baixo a modalidade de microcredencias universitarias.

20.5.2026

14.839,40 €

Consellería do Medio Rural e Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

Convenio entre a Consellería do Medio Rural e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para a modificación do réxime de libramento das transferencias correntes de financiamento

17.7.2026

Non achega

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Axencia Galega da Calidade Alimentaria e o Concello de Rivadavia

Convenio coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, a Axencia Galega da Calidade Alimentaria e o Concello de Ribadavia para a rehabilitación e posta en valor do centro do viño.

7.8.2026

620.159,10 €