No Diario Oficial de Galicia número 82, do 5 de maio de 2026, publícase a Orde do 21 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás galerías de arte para a participación en feiras e mercados de arte fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT215C).
O procedemento de concesión das subvencións será en réxime de concorrencia non competitiva e conforme os principios de publicidade, transparencia, igualdade e non discriminación.
De conformidade co artigo 11 da orde, a persoa titular da Dirección Xeral resolverá por delegación do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude e ditará a resolución de concesión de acordo co disposto no artigo 34 do Decreto 1/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Na citada resolución incluirase a relación de persoas beneficiarias e as cantidades concedidas por solicitude e esta publicarase no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo, farase pública na páxina web oficial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude (https://www.cultura.gal). Esta publicación substituirá a notificación persoal e producirá os mesmos efectos.
O artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a obrigatoriedade da publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario ao que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención. Así mesmo, segundo o artigo 16 da orde de convocatoria, esta resolución notificaráselles ás persoas interesadas consonte o artigo 17 da orde e publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude (https://www.cultura.gal).
En consecuencia,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 1 de setembro de 2026 pola que se conceden as axudas ao abeiro da Orde do 21 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás galerías de arte para a participación en feiras e mercados de arte fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT215C).
Segundo. Comunicar que a Resolución do 1 de setembro de 2026, que finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse un recurso de reposición perante o mesmo órgano que ditou o acto no prazo dun mes desde a súa notificación, de acordo co disposto no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente un recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Terceiro. Comunicar que a resolución de concesión das subvencións será notificada mediante esta publicación no Diario Oficial de Galicia. Esta publicación substituirá á notificación persoal e producirá os mesmos efectos.
Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2026
Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Director xeral de Cultura
ANEXO
Resolución do 1 de setembro de 2026 de concesión das subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 21 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás galerías de arte para a participación en feiras e mercados de arte fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT215C)
O 5 de maio de 2026 publícase no DOG número 82 a Orde do 21 de abril pola que se establecen as subvencións ás galerías de arte para a participación en feiras e mercados de arte fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT215C).
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do procedemento de concesión de axudas ás galerías de arte que desenvolvan a súa actividade no ámbito da Comunidade Autónoma galega para facilitarlles a súa participación en feiras e eventos do sector que teñan lugar no ano 2026 fóra da comunidade.
O procedemento de concesión tramítase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, coas garantías previstas no artigo 31.4 da devandita lei e con base no disposto no artigo 32 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da citada lei.
Así mesmo, a concesión destas axudas efectúase tendo en conta a data de presentación de cada unha das solicitudes, sempre que se cumpran os requisitos para poder ser beneficiario, e condicionada á existencia de crédito orzamentario, de acordo co establecido no artigo 2.4 da Orde do 21 de abril.
A suma total das axudas concedidas ascende a cento trinta e dous mil euros (132.000 €), que se librarán con cargo á aplicación 13.03.432B.770.0 (cp 2015 00374) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2026.
Estas axudas están sometidas ao réxime de minimis nos termos establecidos no artigo 3 do Regulamento (UE) núm. 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 15 de decembro de 2023, serie L), en virtude do cal o importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá os 300.000 euros durante calquera período dos tres anos previos. Este límite máximo aplícase a todo o conxunto de axudas recibidas en concepto de minimis pola empresa, independentemente da forma na que se outorguen ou do obxectivo perseguido. En virtude do anterior, as entidades declararon no momento de presentar a solicitude o conxunto de axudas recibidas pola empresa en concepto de minimis durante os tres anos previos e o Servizo de Promoción da Cultura da Dirección Xeral de Cultura comprobou que non se supera en ningún caso o importe legal exixido das axudas acumuladas.
Con base no exposto, de acordo co artigo 11 da Orde de 21 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras, e á vista da proposta de resolución do Servizo de Promoción da Cultura,
RESOLVO:
Concederlles as axudas, polas contías que se indican, ás galerías que se relacionan no anexo que se xunta, ordenadas por orde de entrada das solicitudes, segundo os requisitos establecidos no artigo 2 da Orde do 21 de abril pola que se establecen as subvencións ás galerías de arte para a participación en feiras e mercados de arte fóra da Comunidade Autónoma de Galicia e pola que se convocan estas para o ano 2026 (código de procedemento CT215C).
As galerías subvencionadas ás que fai referencia esta resolución quedan obrigadas a achegar a documentación xustificativa segundo o procedemento indicado no artigo 15 da orde de convocatoria e quedarán suxeitas ás obrigas recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Conforme o artigo 11 da orde, a publicación desta resolución na páxina web oficial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude (https://www.cultura.gal) substituirá a notificación persoal e producirá os mesmos efectos.
Contra esta resolución poderá interpoñerse un recurso de reposición perante o mesmo órgano que ditou o acto no prazo dun mes desde a súa notificación, de acordo co disposto no artigo 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente un recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. No caso de optar polo recurso de reposición, este deberá resolverse antes de poder interpoñer o recurso contencioso-administrativo.
Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2026. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude. P.D. (Orde do 21 de abril de 2026). Anxo M. Lorenzo Suárez. Director xeral de Cultura
ANEXO
Relación de galerías por orde de entrada da solicitude (acreditado mediante o número e a hora de entrada no rexistro electrónico)
|
Solicitante |
NIF |
Orde de entrada |
Feiras ou mercados |
Data |
Importe de concesión |
Total |
|
Arte Anaga, S.L. |
B27830363 |
1 |
Antik Almoneda |
11.4.2026 |
4.000,00 € |
4.000,00 € |
|
Pablo Pardo Sánchez |
35****10L |
2 |
Just Mad |
5.3.2026 |
4.000,00 € |
4.000,00 € |
|
María Alba López Porto (Galería Neboa) |
33****54H |
3 |
Investec-Cape Town |
18.2.2026 |
8.000,00 € |
16.000,00 € |
|
Arco Lisboa |
28.5.2026 |
8.000,00 € |
||||
|
María Luisa Pita Díaz (Galería Luisa Pita) |
32****36C |
4 |
Investec Cape Town |
20.2.2026 |
8.000,00 € |
16.000,00 € |
|
Drawing Room Lisboa |
22.10.2026 |
8.000,00 € |
||||
|
Cristián Balsa Gavilanes (Art Cuestion) |
44****04J |
5 |
Art 3f Mónaco |
11.9.2026 |
8.000,00 € |
16.000,00 € |
|
Artexpo Algarve |
24.10.2026 |
8.000,00 € |
||||
|
Natasha Lelenco |
55****50C |
6 |
Hybrid Art Fair |
5.3.2026 |
4.000,00 € |
8.000,00 € |
|
Swab Art Fair |
8.10.2026 |
4.000,00 € |
||||
|
Galeria Pm8, S.L. |
B36961779 |
7 |
Frieze London |
14.10.2026 |
8.000,00 € |
16.000,00 € |
|
Art Basel |
23.10.2026 |
8.000,00 € |
||||
|
Pereira y Arte, S.L. |
B32186009 |
8 |
Art Foto |
8.5.2026 |
4.000,00 € |
4.000,00 € |
|
MC Proxectos de Arte, S.L. (Galería Metro) |
B15613086 |
9 |
Ceramic Bruxelles |
20.1.2026 |
8.000,00 € |
12.000,00 € |
|
Art Madrid |
4.3.2026 |
4.000,00 € |
||||
|
M. Rodríguez y Cía., S.L. |
B15006299 |
10 |
Art Madrid |
4.3.2026 |
4.000,00 € |
4.000,00 € |
|
María Asunción Rodríguez Rodríguez (Galería Trinta) |
36****14B |
11 |
Pinta Miami |
4.12.2025 |
8.000,00 € |
16.000,00 € |
|
Drawing Lisboa |
22.10.2026 |
8.000,00 € |
||||
|
María Jesús Villar Iglesias |
33****46J |
12 |
Arco Madrid |
4.3.2026 |
4.000,00 € |
12.000,00 € |
|
Paris Photo |
12.11.2026 |
8.000,00 € |
||||
|
Galería Vilaseco, S.L. |
B70580410 |
13 |
Arco Arts Libris |
4.3.2026 |
4.000,00 € |
4.000,00 € |
