DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Venres, 11 de setembro de 2026 Páx. 48667

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 4 de setembro de 2026 polo que se lles notifican ás persoas titulares dos terreos catastrais afectados a aprobación inicial e a información pública do proxecto de expropiación, por taxación conxunta, dos bens e dereitos afectados pola etapa 2 do proxecto de interese autonómico Factoría do Deporte Galego-Galicia Sports 360, no concello de Mos (PO/25/208.80).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPAC), ao resultaren infrutuosos os intentos de notificación, ser descoñecido o domicilio dos/das titulares ou descoñecerse a súa identidade, notifícanselles ás persoas titulares dos terreos catastrais afectados que se relacionan no anexo a aprobación inicial e o sometemento a información pública do proxecto de expropiación, por taxación conxunta, dos bens e dereitos afectados pola execución da etapa 2 do proxecto de interese autonómico (PIA) Factoría do Deporte Galego-Galicia Sports 360, no concello de Mos, de clave PO/25/208.80.

O proxecto inicialmente aprobado e a Resolución do 14 de xullo de 2026 pola que se acorda a aprobación inicial e se somete a información pública o proxecto de expropiación, por taxación conxunta, dos bens e dereitos afectados pola execución da etapa 2 do proxecto de interese autonómico (PIA) Factoría do Deporte Galego-Galicia Sports 360, no concello de Mos, de clave PO/25/208.80, están dispoñibles no seguinte enderezo electrónico:

https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/transparencia/pia/factoria-deporte

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, o interesado poderá comparecer, para o coñecemento do proxecto de expropiación referido e o traslado literal da correspondente folla de valoración do seu predio e da proposta de fixación dos criterios de valoración, na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico desenoinfraestruturas.axi@xunta.gal ou no teléfono 981 95 76 01.

Para tal efecto outórgase un prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Así mesmo, indícase que poderán presentar as alegacións que consideren convenientes no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da recepción da dita notificación.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2026

María Deza Martínez
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Interesado/a

Predio afectado/Referencia catastral

Saladina González Lorenzo (herdeiros)

36033A06700011

Víctor Barros Arjones (herdeiros)

36033A05300599

Arsenio Lorenzo Serodio (herdeiros)

36033A06700130

Irene Gómez Prado

36033A06700128

Cándida González Campo

36033A06700133

Bernardino Lago

36033A06700129

Alejandro García Portela

36033A05300594

Eduardo Cesáreo Silva Campos (herdeiros)

36033A06700117

36042008L

36033A06700017

35849203T

36033A06700022