DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Venres, 11 de setembro de 2026 Páx. 48665

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 2 de setembro de 2026 polo que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística PO-0514-2024.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o día 31 de xullo de 2026, resolución en relación con obras executadas en solo de núcleo rural, no expediente PO-0514-2024.

Ao non poder realizar a notificación persoal desta resolución á persoa interesada con DNI 36122384X, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que en atención ao previsto no artigo 46 da citada Lei 39/2015, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, a persoa interesada pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercita o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a sección do contencioso-administrativo do tribunal de instancia en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, consonte o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e para que lle sirva de notificación á citada persoa interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino o presente anuncio.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2026

María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística