A Consellería de Política Social e Igualdade convocou no ano 2026 axudas para a posta en marcha de casas do maior, a través da Orde do 10 de xullo de 2026 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior, para os anos 2026 e 2027, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS212A) (Diario Oficial de Galicia núm. 139, do 27 de xullo).
O prazo e a forma de presentación de solicitudes está regulado no artigo 9 da mencionada Orde do 10 de xullo de 2026, e no artigo 10 determínase a documentación complementaria que se deberá xuntar coa solicitude.
Unha vez revisadas as solicitudes para a posta en marcha de casas do maior, código de procedemento BS212A, presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución do procedemento, identificáronse aquelas que non contan coa documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.
Segundo establece o referido artigo 9 e de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación requirirá as persoas interesadas para que, nun prazo de dez días hábiles a partir do día seguinte ao da notificación do requirimento, emenden a falta ou presenten os documentos preceptivos. Se así non o fixeren, teranse por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución, nos termos previstos polo artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Así mesmo, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e consonte o indicado no artigo 45 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, e tal como sinala o artigo 17 da citada orde pola que se convocan as axudas, os requirimentos de emenda publicaranse no Diario Oficial de Galicia. A dita publicación producirá os efectos da notificación.
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto de requirimento ditado polo órgano responsable da tramitación, o 3 de setembro de 2026, de emenda das solicitudes presentadas no procedemento BS212A, subvencións para a posta en marcha de casas do maior, que non están debidamente cubertas e/ou que non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras para a súa emenda, acto coa relación que figura como anexo desta resolución.
Segundo. Facer indicación expresa a todas as persoas solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Subdirección Xeral de Recursos Residenciais e Atención Diúrna de Maiores a través da conta de correo subxmaiores.politicasocial@xunta.gal
Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2026
Antonio Acevedo Prado
Director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria
ANEXO
Requirimento de solicitude no procedemento
Procedemento: BS212A, subvencións para a posta en marcha de casas do maior.
Acto administrativo: requirimento de emenda de solicitudes.
Data: 3 de setembro de 2026.
Órgano competente: órgano instrutor.
Efectos: as persoas solicitantes terán un prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do acto no Diario Oficial de Galicia, para emendaren a falta ou achegaren os documentos preceptivos. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Relación de expedientes:
|
Expediente |
Solicitante |
NIF |
Emenda/documentación requirida |
|
BS212A/2026/01 |
María Carmen Martínez Lema |
***3428** |
Achegar memoria descritiva actualizada do inmoble con planos a escala e fotografías do estado actual das estancias nos termos previstos no artigo 10.1, letra g). A documentación achegada non está actualizada, coincide coa xa presentada na última convocatoria de axudas. |
|
BS212A/2026/04 |
Ramona Francisca Fernández Fernández |
***9615** |
Completar e achegar memoria descritiva nos termos previstos no artigo 10.1, letra d). A memoria descritiva remitida non se axusta ao establecido na orde de convocatoria. Completar e achegar proposta metodolóxica básica en que se recollan todos os contidos enumerados no artigo 10.1, letra e). A proposta metodolóxica básica remitida non se axusta ao establecido na orde de convocatoria. Completar e achegar a descrición do equipamento nos termos previstos no artigo 10.1, letra f). Achegar a memoria descritiva do inmoble nos termos previstos no artigo 10.1, letra g). A interesada presenta uns orzamentos, pero non achega a memoria descritiva prevista no citado artigo. |
|
BS212A/2026/05 |
Raquel Martínez Rivera |
***1188** |
Achegar o certificado ou informe médico oficial acreditativo das condicións de saúde, nos termos do artigo 10.1, letra b). Achegar a memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica do proxecto e o número potencial de persoas maiores usuarias e se xustifique a súa necesidade e oportunidade nos termos previstos no artigo 10.1, letra d). Achegar a proposta metodolóxica básica, nos termos previstos no artigo 10.1, letra e). Achegar a descrición do equipamento nos termos previstos no artigo 10.1, letra f). Achegar a memoria descritiva do inmoble con planos a escala e fotografías das estancias nos termos previstos no artigo 10.1, letra g). Achegar o orzamento desagregado de gastos de investimento (anexo II) debidamente cuberto. Achegar copia do documento nacional de identidade (por oposición á comprobación dos datos), de conformidade co artigo 11.2. Achegar o certificado de estar ao día no cumprimento de obrigas fronte á Seguridade Social (por oposición á comprobación de datos), de conformidade co artigo 11.2. Achegar o certificado de estar ao día no pagamento de obrigas coa Administración pública da Comunidade Autónoma (por oposición á comprobación de datos), de conformidade co artigo 11.2. |
|
BS212A/2026/06 |
Luis Miguel Lolo Bardasco |
***4783** |
Completar e achegar a descrición do equipamento nos termos previstos no artigo 10.1, letra f). A descrición achegada queda na xeneralidade. |
|
BS212A/2026/10 |
Paracor, Sociedade Cooperativa Galega |
F93886364 |
Achegar o certificado de estar ao día no pagamento de obrigas coa Administración pública da Comunidade Autónoma da persoa encargada do desenvolvemento do proxecto no concello de Muxía. |
|
BS212A/2026/11 |
María del Carmen Prieto Vázquez |
***1617** |
Completar e achegar a descrición do equipamento nos termos previstos no artigo 10.1, letra f). Completar e achegar a memoria descritiva do inmoble nos termos previstos no artigo 10.1, letra g). Na memoria remitida non se detallan as adaptacións que se van realizar (solicítase un orzamento de 11.000 euros para obras e adaptacións), polo que a documentación deberá comprender as actuacións que se van realizar. Na nova memoria e planos deberán quedar claramente diferenciados os espazos destinados a cada unha das casas, delimitando os espazos propios dos espazos compartidos. Vista a documentación achegada, non se cumprirían os requisitos da orde de convocatoria para o establecemento de dúas casas no inmoble de referencia (invádese a sala de actividades xa existente para acceder á nova casa, a sala proposta para a nova casa carece de ventilación e iluminación natural e non se prevé a zona de comedor), polo que deberá aclarar e especificar o cumprimento dos requisitos establecidos na orde de convocatoria. |
|
BS212A/2026/12 |
Laura Triñanes García |
***0709** |
Achegar aclaración sobre o prazo de execución das adaptacións propostas no inmoble e a súa realización nos prazos establecidos na orde de convocatoria: 2 meses desde a resolución da concesión condicionada da axuda e dentro do prazo de xustificación establecido no artigo 20. |
|
BS212A/2026/13 |
María Esther Sánchez Barco |
***8407** |
Completar e achegar a memoria descritiva prevista no artigo 10.1, letra d), especificando as novas circunstancias que xustifican a posta en marcha dun novo proxecto no mesmo concello, tendo en conta que a persoa solicitante xa foi promotora dunha casa do maior pechada por falta de persoas usuarias. Completar e achegar a proposta metodolóxica básica actualizada e con referencia a todos os contidos recollidos no artigo 10.1, letra e). Achegar a descrición do equipamento nos termos previstos no artigo 10.1, letra f). Completar e achegar a memoria descritiva do inmoble nos termos previstos no artigo 10.1, letra g). A persoa solicitante presenta só fotografías. Achegar o certificado de estar ao día no cumprimento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria. |
|
BS212A/2026/14 |
Noelia Vidal Domínguez |
***4892** |
Completar e achegar a proposta metodolóxica básica nos termos previstos no artigo 10.1, letra e). A memoria remitida mantense na xeneralidade e non se desenvolven correctamente os protocolos exixidos. Achegar a descrición do equipamento nos termos previstos no artigo 10.1, letra f). Completar e achegar a memoria descritiva do inmoble, especificando todas as actuacións que se van realizar, e achega planos do estado actual e reformado, nos termos previstos no artigo 10.1, letra g). Tendo en conta o estado actual do inmoble, a memoria deberá contar con referencia expresa ao prazo de execución das obras. Achegar o anexo II corrixido, no caso de que as obras non sexan realizadas pola persoa solicitante, nos termos previstos no artigo 10.1, letra h). A interesada solicita un orzamento para obras de 3.950 € pero, segundo a memoria descritiva do inmoble, todas as obras van ser realizadas polo Concello de Porqueira polo que será preciso aclarar esta cuestión e, se é o caso, remitir o anexo II corrixido. |
|
BS212A/2026/15 |
Adriana Vázquez Fernández |
***9289** |
Achegar e completar a proposta metodolóxica básica con referencia a todos os contidos referidos no artigo 10.1, letra e). Achegar a descrición do equipamento nos termos previstos no artigo 10.1, letra f). |
|
BS212/2026/16 |
Silvia González Garrido |
***7955** |
Achegar e completar a memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica do proxecto e o número potencial de persoas maiores usuarias e se xustifique a súa necesidade e oportunidade nos termos previstos no artigo 10.1, letra d). Completar e achegar a proposta metodolóxica básica en que se recollan todos os contidos enumerados no artigo 10.1, letra e). A proposta metodolóxica básica remitida non se axusta ao establecido na orde de convocatoria. Completar e achegar a descrición do equipamento, axustada aos termos previstos no artigo 10.1, letra f). Achegar aclaración relativa á contradición na documentación presentada: segundo un dos documentos achegados ambos os baños estarán adaptados, pero segundo a memoria de adaptacións presentada só conta cun baño adaptado. |
|
BS212A/2026/17 |
Lidia García Ojea |
***2055** |
Achegar o certificado ou informe médico oficial acreditativo das condicións de saúde, nos termos do artigo 10.1, letra b). Achegar a memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica do proxecto e o número potencial de persoas maiores usuarias e se xustifique a súa necesidade e oportunidade nos termos previstos no artigo 10.1, letra d). Achegar a proposta metodolóxica básica, nos termos previstos no artigo 10.1, letra e). Achegar a descrición do equipamento nos termos previstos no artigo 10.1, letra f). Achegar a memoria descritiva do inmoble con planos a escala e fotografías das estancias nos termos previstos no artigo 10.1, letra g). Achegar o orzamento desagregado de gastos de investimento (anexo II) debidamente cuberto, nos termos do artigo 10.1, letra h). Achegar o certificado de atoparse ao día nas súas obrigas tributarias coa Administración pública da Comunidade Autónoma. |
|
BS212A/2026/18 |
Lucía Costoya Juiz |
***8377** |
Achegar o certificado ou informe médico oficial acreditativo das condicións de saúde, nos termos do artigo 10.1, letra b). Achegar a proposta metodolóxica básica, nos termos previstos no artigo 10.1, letra e). Achegar a descrición do equipamento nos termos previstos no artigo 10.1, letra f). Achegar a memoria descritiva do inmoble con planos a escala e fotografías das estancias nos termos previstos no artigo 10.1, letra g). Dado que se prevé a posta en marcha de dúas casas do maior no mesmo inmoble, na documentación deberán quedar claramente diferenciados os espazos destinados a cada unha das casas, delimitando os espazos propios dos espazos compartidos. Achegar escrito indicando a nomenclatura da casa do maior, dado que o nome que figura no anexo I coincide co reflectido no expediente BS212A/2026/19. Solicítase axuda para dúas casas do maior no mesmo inmoble, pero as casas do maior non poden coincidir no nome. |
|
BS212A/2026/19 |
Susana Juiz Pereira |
***2185** |
Achegar o certificado ou informe médico oficial acreditativo das condicións de saúde, nos termos do artigo 10.1, letra b). Achegar a proposta metodolóxica básica, nos termos previstos no artigo 10.1, letra e). Achegar a descrición do equipamento nos termos previstos no artigo 10.1, letra f). Achegar a memoria descritiva do inmoble con planos a escala e fotografías das estancias nos termos previstos no artigo 10.1, letra g) da orde de convocatoria. Dado que se prevé a posta en marcha de dúas casas do maior no mesmo inmoble, na documentación deberán quedar claramente diferenciados os espazos destinados a cada unha das casas, delimitando os espazos propios dos espazos compartidos. Achegar escrito indicando a nomenclatura da casa do maior, dado que o nome que figura no anexo I coincide co reflectido no expediente BS212A/2026/18. Solicítase axuda para dúas casas do maior no mesmo inmoble, pero as casas do maior non poden coincidir no nome. |
|
BS212A/2026/20 |
A Casa das Redes, Soc. Coop. Galega |
F75415836 |
Revisar e achegar o anexo I corrixido no relativo á declaración responsable de axudas percibidas pola entidade solicitante. Completar a proposta metodolóxica no punto referente aos protocolos de actuación recollidos no artigo 10.1, letra e). Achegar a descrición do equipamento nos termos previstos no artigo 10.1, letra f). Achegar a memoria descritiva do inmoble con planos a escala e fotografías das estancias nos termos previstos no artigo 10.1, letra g). Dado que se prevé a posta en marcha de dúas casas do maior no mesmo inmoble, na documentación deberá quedar claramente diferenciados os espazos destinados a cada unha das casas, delimitando os espazos propios dos espazos compartidos. Achegar o anexo III cuberto nos termos previstos no artigo 10.1, letra j). O anexo III remitido non se corresponde coa orde de convocatoria. |
|
BS212A/2026/21 |
Mónica Esther Canabal Fernández |
***6963** |
Completar e achegar a proposta metodolóxica básica nos termos previstos no artigo 10.1, letra e). A memoria remitida mantense na xeneralidade e non se desenvolven correctamente os contidos establecidos. Achegar a descrición do equipamento nos termos previstos no artigo 10.1, letra f). Achegar un escrito en que se aclare se as obras de adaptación do inmoble se poden realizar no prazo establecido na orde de convocatoria de 2 meses desde a resolución da concesión condicionada da axuda e dentro do prazo de xustificación establecido no artigo 20. A memoria descritiva do inmoble achegada establece un prazo de realización das obras de 4 meses. Achegar anexo II corrixido no caso de que as obras de adaptación do inmoble non sexan realizadas pola persoa solicitante, nos termos previstos no artigo 10.1, letra h). Existe unha contradición entre o anexo II remitido e a memoria descritiva do inmoble. Da documentación achegada parece que as obras de adaptación van ser realizadas polo concello, polo que deberá aclararse esta cuestión e, se é o caso, remitir o anexo II modificado. |
|
BS212A/2026/22 |
Catia Maria Pires Gonçalves |
***4445** |
Achegar e completar a proposta metodolóxica básica con referencia a todos os contidos referidos no artigo 10.1, letra e). Completar e achegar a descrición do equipamento nos termos previstos no artigo 10.1, letra f). Completar a memoria descritiva do inmoble coas fotografías de todas as estancias nos termos previstos no artigo 10.1, letra g). Achegar o certificado de estar ao día no cumprimento de obrigas tributarias coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Achegar o certificado de estar ao día no cumprimento de obrigas coa Seguridade Social. |
|
BS212A/2026/23 |
Sorema, Sociedade Cooperativa Galega |
F27870138 |
Revisar e achegar o anexo I corrixido no relativo á declaración responsable de axudas percibidas pola entidade solicitante. Achegar o anexo III debidamente cuberto. Completar e achegar a proposta metodolóxica básica en que se recollan todos os contidos enumerados no artigo 10.1, letra e). A proposta metodolóxica básica remitida non se axusta ao establecido na orde de convocatoria. Achegar a descrición do equipamento nos termos previstos no artigo 10.1, letra f). Achegar a memoria descritiva do inmoble con planos a escala e fotografías das estancias nos termos previstos no artigo 10.1, letra g). Dado que se prevé a posta en marcha de dúas casas do maior no mesmo inmoble, na documentación deberán quedar claramente diferenciados os espazos destinados a cada unha das casas, delimitando os espazos propios dos espazos compartidos. |
|
BS212A/2026/24 |
Simón Quintáns Vázquez |
***0010** |
Achegar o certificado ou informe médico oficial acreditativo das condicións de saúde, nos termos do artigo 10.1, letra b). Completar a memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica do proxecto e o número potencial de persoas maiores usuarias cos datos oficiais de poboación publicados polo IGE nos últimos tres anos, nos termos previstos no artigo 10.1, letra d). Achegar a proposta metodolóxica básica, con referencia a todos os contidos previstos no artigo 10.1, letra e). Achegar a descrición do equipamento nos termos previstos no artigo 10.1, letra f). Achegar a memoria descritiva do inmoble en que se aborden todos os contidos previstos no artigo 10.1, letra g). A memoria descritiva presentada non cumpre os mínimos exixidos pola orde de convocatoria. |
|
BS212A/2026/25 |
Debora María Bouzón Bouzón |
***9699** |
Achegar a documentación acreditativa da representación da persoa solicitante. Revisar e achegar o anexo I corrixido, se é o caso. A denominación da casa do maior que figura no anexo non coincide co nome reflectido noutra documentación achegada. Achegar o anexo II debidamente cuberto e asinado. Completar a memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica do proxecto e o número potencial de persoas maiores usuarias e se xustifique a súa necesidade e oportunidade nos termos previstos no artigo 10.1, letra d). Completar e achegar a proposta metodolóxica básica en que se recollan todos os contidos enumerados no artigo 10.1, letra e). A proposta metodolóxica básica remitida non se axusta ao establecido na orde de convocatoria. Achegar a memoria descritiva do inmoble con fotografías de todas as estancias coa proposta de adaptacións e/ou obras de reforma que se van realizar en cada unha delas, nos termos previstos no artigo 10.1, letra g). |
