Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...» mediante este anuncio convócanse as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto fixado polo Xurado de Expropiación de Galicia, relativo aos predios afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación da LMTA CNO804 no tramo entre os apoios núm. 66-17-2-21-19-4 e núm. 66-17-2-21-19-5, na casa do concello de Piñor, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.
As persoas titulares de dereitos sobre os bens afectados deberán comparecer no dito acto persoalmente ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade. Tamén deberán achegar unha certificación de titularidade da conta bancaria onde, tras a súa solicitude, se lles ingresará, mediante transferencia, o importe do prezo xusto máis os xuros correspondentes.
Ourense, 2 de setembro de 2026
Jorge Pumar Tesouro
Director territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados
Núm. de expediente: IN407A 2024/124-3.
Instalación: Regulamentación da LMTA CNO804 no tramo entre os apoios núm. 66-17-2-21-19-4 e núm. 66-17-2-21-19-5.
Concello: Piñor.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Convocatoria:
Data: 19 de outubro de 2026.
Lugar: casa do concello de Piñor.
Hora: véxase a táboa.
|
Predio núm. |
Lugar |
Referencia catastral |
Titular |
Hora |
|
1 |
Prado Barbeiro |
32062A082006510000OX |
Herdeiros de Alicia García Gómez |
12.30 |
