Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócase a todas as persoas interesadas no acto de redacción das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT Novo Barrio Deán, no concello de Ribeira (expediente IN407A 2026/013-1), acto que se realizará en primeiro lugar sobre o terreo para a toma de datos, e coa posterior redacción definitiva das actas nas dependencias da casa consistorial do referido concello, na data e no horario aproximado que se sinalan no anexo.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, en por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como tamén os documentos acreditativos da titularidade.
A Coruña, 2 de setembro de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2026/013-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMT, CT e RBT Novo Barrio Deán.
Concello: Ribeira.
|
Predio |
Lugar |
Ref. catastral |
Titularidade |
Data |
Hora |
|
2 |
A Conlleira |
15074A006010290000KE |
Descoñecida |
29.10.2026 |
11.30 |
