DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Venres, 11 de setembro de 2026 Páx. 48632

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se convocan as persoas interesadas ao acto de redacción das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA TIB801, CTI en Pedregal, no concello de Caldas de Reis, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2023/049-4).

A instalación denominada LMTA TIB801, CTI en Pedregal foi declarada de utilidade pública mediante Resolución do 4 de agosto de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o 21 de outubro de 2026, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo a redacción das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do concello de Caldas de Reis.

A persoa interesada recibirá unha notificación individual coa debida antelación legal, na que se lle comunicará a data e a hora na cal deberá presentarse no seu predio, informándoo de que poderá ir acompañada por un perito/a ou un/unha notario/a, pola súa conta, se así o considera conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 20 de agosto de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Referencia catastral

Lugar

Titular

Nº apoio

m2 solo

m2

servidume de paso aérea

1

36005A042009740000TB

Pedregal

Manuel Suárez Porto

131,48

2

36005A042009730000TA

Pedregal

Descoñecido/a

80,7

3

36005A042009720000TW

Pedregal

Descoñecido/a

44,13

4

36005A042009950000TJ

Pedregal

Fernando López Buceta

37,55

5

36005A042009710000TH

Pedregal

Jesús Vacariza

27,91

6

36005A042009700000TU

Pedregal

José Buceta

103,76

7

36005A042009690000TW

Pedregal

Manuela Tomás Casal

40,37

8

36005A042009680000TH

Pedregal

Rita Suárez

1

1,44

146,03

9

36005A042009660000TZ

Nartallo

Maruja

18,79

10

36005A042009670000TU

Nartallo

Maruja

33,82

11

36005A044000100000TF

Balteiri

Ramón Montero

10,83

12

36005A044000110000TM

Balteiri

Ramón Montero

17,36

13

36005A044000120000TO

Balteiri

Víctor Vecino Sánchez

15,99

14

36005A044000130000TK

Balteiri

Víctor Vecino Sánchez

11,10

15

36005A044000140000TR

Balteiri

José López e Josefa Sánchez

42,10

16

36005A044000160000TX

Balteiri

José López e Josefa Sánchez

20,77

17

36005A044000180000TJ

Balteiri

José López e Josefa Sánchez

36,41

18

36005A044000200000TI

Balteiri

José López e Josefa Sánchez

11,11