DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Luns, 14 de setembro de 2026 Páx. 48718

III. Outras disposicións

Axencia Tributaria de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2026 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2026.

En virtude do establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Tributaria de Galicia nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2026, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2026

Sonia Lafont Sendino
Directora da Axencia Tributaria de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2026

Convenio

Achega consellería (€)

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Ministerio de Facenda para a utilización por parte da Axencia Tributaria de Galicia da aplicación de seguimento de obxectivos da Inspección Xeral do Ministerio de Facenda

Sen achega económica

Subscrito o 29.5.2026 e publicado no BOE o 10.6.2026

Protocolo de adhesión do Concello de Cerceda ao convenio subscrito o 30.9.2020 entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración

Sen achega económica

31.8.2026