DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Luns, 14 de setembro de 2026 Páx. 48733

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 3 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, polo que se dá publicidade á resolución de concesión de ocupación de 4.477 metros cadrados de dominio público marítimo-terrestre, con destino a paseo e zonas de espazos libres de uso público e recreativo na praia de Sardiñeiro, no lugar de Sardiñeiro, termo municipal de Fisterra (A Coruña).

De conformidade co disposto no artigo 152.12 do Regulamento xeral de costas, aprobado polo Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, faise pública a Resolución da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, do 27 de agosto de 2026, pola que se outorgou a concesión de referencia, coas seguintes condicións principais:

Titular: Concello de Fisterra.

Destino: paseo e zonas de espazos libres de uso público e recreativo na praia de Sardiñeiro, no lugar de Sardiñeiro.

Superficie: 4.477 m².

Prazo: 2 anos.

Canon: exento.

Pódese consultar a resolución completa na seguinte ligazón: https://ficheiros-web.xunta.gal/medio-ambiente/litoral/concesions/2026/A-2025-371-C.pdf

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2026

Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático