Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19 de outubro de 2013), faise público que por espazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación correspondente á revisión da autorización ambiental integrada da planta de tratamento de superficies mediante galvanización en quente por inmersión no concello do Porriño, presentada por Metálica Gallega de Transformados y Acabados, S.L. (Megalta), co fin de que calquera persoa interesada poida consultala e, de ser o caso, formular dentro do dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.
A documentación estará á disposición das persoas administradas nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (https://medioambiente.xunta.gal/ >>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).
Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2026
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
ANEXO
Expediente: 2025-IPPC-M-75.
Titular: Metálica Gallega de Transformados y Acabados, S.L. (Megalta).
NIF: B-15609191.
Domicilio social: polígono industrial de Sabón, avenida da Enerxía, parcela 62, 15142 Arteixo (A Coruña).
Localización da instalación: polígono industrial A Granxa, parcelas 1 e 1.1.01, 36400 O Porriño (Pontevedra).
Actividade: galvanización en quente de superficies por inmersión.
Categoría da actividade: 2.3.c) do anexo I do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación.
Descrición do proceso: na galvanización por inmersión en quente as pezas que se tratan mergúllanse nun baño de zinc fundido formándose unha serie de capas de aliaxe sobre a superficie que garanten unha protección a longo prazo, con necesidades moi reducidas de mantemento.
Verteduras: o proceso produtivo de Megalta garante que non se producen verteduras de augas residuais industriais. Na galvanización en quente, as escorregas e/ou verteduras accidentais dos baños recircúlanse nun circuíto pechado e recóllense en fosas e arquetas para bombealas aos baños de fluxado, reincorporándose á estación de depuración para a súa rexeneración.
Tanto as augas fecais dos servizos hixiénicos como as augas pluviais, recollidas mediante canalizacións, vértense á rede de saneamento do polígono industrial A Granxa con destino final ao colector municipal.
