Mediante resolucións do 16 de xullo de 2025 (Diario Oficial de Galicia núm. 141, do 24 de xullo), do 21 de agosto de 2025 (Diario Oficial de Galicia núm. 164, do 28 de agosto, e Diario Oficial de Galicia núm. 170, do 4 de setembro), do 23 de setembro de 2025 (Diario Oficial de Galicia núm. 188, do 30 de setembro), do 11 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galicia núm. 225, do 20 de novembro) e do 10 e 11 de decembro de 2025 (Diario Oficial de Galicia núm. 245, do 19 de decembro) convocáronse procesos selectivos, na modalidade de concurso-oposición, para o ingreso, entre outras, nas categorías de logopedista, condutor/a, farmacéutico/a de atención primaria, fontaneiro/a, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, médico/a de admisión e documentación clínica, técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, traballador/a social, mecánico/a, lavandeiro/a, grupo auxiliar da función administrativa, médico/a xeral da ADOS, odontólogo/a de atención primaria, fisioterapeuta, calefactor/a, técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información, celador/a, médico/a asistencial do 061, terapeuta ocupacional, dietista-nutricionista e electricista.
Mediante a Resolución do 10 de xuño de 2026 (Diario Oficial de Galicia núm. 113, do 18 de xuño) publicouse a relación provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como a de exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega, para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario.
Finalizado o prazo de emenda previsto no número 6.2 das resolucións de convocatoria, este centro directivo, como órgano convocante do proceso,
RESOLVE:
Primeiro. Declarar con carácter definitivo, e por categoría, as persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como as exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega, no concurso-oposición para o ingreso nas seguintes categorías:
– Persoal sanitario facultativo: farmacéutico/a de atención primaria, médico/a de admisión e documentación clínica, médico/a xeral da ADOS, odontólogo/a de atención primaria e médico/a asistencial do 061.
– Persoal sanitario non facultativo: logopedista, fisioterapeuta, terapeuta ocupacional e dietista-nutricionista.
– Persoal non sanitario: condutor/a, fontaneiro/a, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, traballador/a social, mecánico/a, lavandeiro/a, grupo auxiliar da función administrativa, calefactor/a, técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información, celador/a e electricista.
Nas categorías de celador/a e de grupo auxiliar da función administrativa inclúense, ademais, as persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como as exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega, na quenda de discapacidade intelectual.
Segundo. A lista coa relación definitiva de persoas admitidas e excluídas por categoría, con indicación neste último caso do motivo de exclusión, e das declaradas exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega, poderá consultarse na web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
Ademais, o estado de cada solicitude pode ser examinado pola persoa solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante esta dirección xeral no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben se poderá impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2026
María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos
