Para os efectos previstos no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras (BOE núm. 143, do 13 de xuño), este departamento territorial
ACORDA:
Someter ao trámite de información pública, durante un prazo de trinta (30) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia, a actualización do plan de restauración da concesión de explotación Verea, número 7183 (AC/C/7183), situada no concello de Mesía, provincia da Coruña, promovido pola sociedade Tejas Verea, S.A.
Durante o prazo indicado, aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo citado proxecto poderán examinar o expediente na Sección de Minas do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar, rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.minas.coruna@xunta.gal, no teléfono 981 18 49 13, así como no portal da devandita consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras
As posibles alegacións formularanse por escrito ante este órgano administrativo e presentaranse en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A Coruña, 2 de setembro de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
