DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Luns, 14 de setembro de 2026 Páx. 48760

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se emenda o erro material advertido na Resolución do 28 de xullo de 2026 de autorización administrativa previa e de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Carballo (expediente IN407A 2025/341-1).

Expediente: IN407A 2025/341-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: soterramento LMTA e ampliación de potencia CT 15ACQ3-concello de Carballo.

Concello: Carballo.

Feitos:

1. O 28 de xullo de 2026 resolveuse conceder a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, para a instalación de distribución eléctrica mencionada.

2. No anexo da devandita resolución, que recolle a relación de bens e dereitos afectados, detectouse un erro material no rexistro referente á parcela número 3, lugar do Paraíso, referencia catastral 15019A088001870000ID, propiedade de Antonio Loureiro Cameán. No citado rexistro non figura a superficie de afectación de solo en pleno dominio.

Consideracións legais e técnicas:

O artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De acordo con todo o indicado, resolvo rectificar a dita resolución de xeito que no seu anexo, no rexistro referente á parcela número 3, a superficie de afectación de solo en pleno dominio é de 2.0 m².

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 7 de setembro de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña