DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Martes, 15 de setembro de 2026 Páx. 48832

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2026 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2026.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), imponlle a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) nos meses de maio a agosto do ano 2026, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2026

Pablo Fernández Vila
Director da Axencia Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Convenios subscritos pola Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) nos meses de maio, xuño, xullo e agosto

Convenio

Data de sinatura

Achega Axencia

Convenio entre a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) para a despregadura do módulo de xestión de instalacións fotovoltaicas, puntos de recarga e certificados de eficiencia enerxética e mellora na plataforma Redexga

7.5.2026

122.275,00 €

Convenio entre a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (ASIME) para a realización de actividades relacionadas coa enerxía eólica mariña flotante durante o ano 2026

22.5.2026

45.000,00 €

Convenio entre a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Asociación Nacional de Empresas de Eficiencia Enerxética (A3E) para a realización da VII edición da Gala de Eficiencia Enerxética e Sostibilidade 2026

29.5.2026

60.000,00 €

Convenio entre a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e Asociación Española de Valorización Enerxética (Avebiom) para a promoción e difusión da biomasa

3.6.2026

20.000,00 €

Convenio entre a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e Clúster da Biomasa de Galicia para a realización de actividades de dinamización, impulso e difusión do sector da biomasa en Galicia

12.6.2026

45.000,00 €

Convenio entre a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para o mantemento e difusión do Catálogo de recursos naturais dispoñibles en Galicia 2026

9.7.2026

100.000,00 €