DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Martes, 15 de setembro de 2026 Páx. 48847

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, subgrupo C1, convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 228, do 25 de novembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 4 de setembro de 2026 o tribunal nomeado pola Resolución do 10 de xullo de 2026 (DOG núm. 133, do 17 de xullo), modificada pola Resolución do 21 de xullo de 2026 (DOG núm. 140, do 28 de xullo) e pola Resolución do 29 de xullo de 2026 (DOG núm. 146, do 5 de agosto), para cualificar o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2025 (DOG núm. 228, do 25 de novembro) acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o día 20 de setembro de 2026, ás 9.00 horas, en chamamento único, nos pavillóns 1 e 2 da Feira Internacional de Galicia Abanca, sito na avenida do Recinto Feiral, s/n, 36540 Silleda (Pontevedra).

As persoas aspirantes deberán ir provistas do DNI ou de documento fehaciente acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, lapis do número dous e goma.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con bolsos de man, abrigos, gorros, panos, paraugas, mochilas, carpetas, libros, apuntamentos, reloxos, auriculares, dispositivos intrauditivos, teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro material ou instrumento electrónico ou non, de transmisión ou recepción de datos, imaxes ou son de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de estes obxectos.

Para os efectos de poder comprobar a ausencia de calquera dispositivo non autorizado, o persoal aspirante accederá á realización das probas coa cabeza e as orellas despexadas e visibles.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2026

Dolores Veiga Gondelle
Presidenta do tribunal