En sesión que tivo lugar o 31 de agosto de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 10 de xullo de 2026 (DOG núm. 133, do 17 de xullo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2025 (DOG núm. 228, do 25 de novembro) e a Resolución do 21 de xullo de 2026 (DOG núm. 137, do 23 de xullo) pola que se modifica a composición do tribunal, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o día 19 de setembro de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galicia Abanca en Silleda.
As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.
Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con bolsos de man, abrigos, gorros, panos, paraugas, mochilas, carpetas, libros, apuntamentos, reloxos, auriculares, dispositivos intrauditivos, teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro material ou instrumento electrónico ou non, de transmisión ou recepción de datos, imaxes ou son de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de estes obxectos.
Para os efectos de poder comprobar a ausencia de calquera dispositivo non autorizado, o persoal aspirante accederá á realización das probas coa cabeza e as orellas despexadas e visibles.
Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2026
Luis Miguel Vázquez Carreira
Presidente do tribunal
