En sesión que tivo lugar o 1 de setembro de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 10 de xullo de 2026 (DOG núm. 133, do 17 de xullo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2025 (DOG núm. 228, do 25 de novembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición, pola quenda de acceso libre, terá lugar o día 19 de setembro de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galicia Abanca en Silleda.
As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.
Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con bolsos de man, abrigos, gorros, panos, paraugas, mochilas, carpetas, libros, apuntamentos, reloxos, auriculares, dispositivos intrauditivos, teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro material ou instrumento electrónico ou non, de transmisión ou recepción de datos, imaxes ou son de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida destes obxectos.
Para os efectos de poder comprobar a ausencia de calquera dispositivo non autorizado, o persoal aspirante accederá á realización das probas coa cabeza e as orellas despexadas e visibles.
Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2026
Juan José Nieto Montero
Presidente do tribunal
