Na sesión que tivo lugar o 1 de setembro de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 30 de xullo de 2026 (DOG número 146, do 5 de agosto) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2025 (DOG núm. 228, do 25 de novembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio do proceso selectivo se realizará o 20 de setembro de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, nos pavillóns 1 e 2 da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda (Pontevedra).
As persoas aspirantes deberán ir provistas do DNI ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.
Non se permitirá o acceso ás aulas nas que se realice o exercicio con bolsos de man, abrigos, gorros, panos, paraugas, mochilas, carpetas, libros, apuntamentos, reloxos, auriculares, dispositivos intrauditivos, teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro material ou instrumento electrónico ou non, de transmisión ou recepción de datos, imaxes ou son dos que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida destes obxectos.
Para os efectos de poder comprobar a ausencia de calquera dispositivo non autorizado, o persoal aspirante accederá á realización das probas coa cabeza e as orellas despexadas e visibles.
Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2026
Mónica María Castro Pérez
Presidenta do tribunal
