Expediente: IN407A 2026/203-1.
Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: Soterramento dos cruzamentos LMT MEA805-MEA806 (Cariño).
Termo municipal: Cariño.
1. Características técnicas:
– Desmantelamento de 235 m de LMTA MEA806 en condutor LA-110 (expediente 480/01) entre o apoio B7BRCBGF//39 (expediente IN407A 2020/113) e o apoio nº 1 proxectado tipo C-14/4500, retensando o van existente.
– Desmantelamento de 557 m de LMTA MEA805 en condutor LAC-80 entre o apoio nº 2 proxectado tipo C-12/3000 e o apoio nº 3 proxectado tipo C-14/3000, retensando vans existentes.
– Desmantelamento de 131 m de LMTA MEA805 en condutor PAS-120 entre o apoio nº 4 proxectado tipo C-16/4500 (que substitúe o apoio B7SHBCLD//48 existente) e o apoio nº 5 proxectado tipo C-18/7000 (que substitúe o apoio B7RBMUXM//49 existente), retensando vans existentes.
– Tramo de LMT soterrada de 408 m en condutor RHZ1-240 entre o PAS proxectado en apoio proxectado nº 1 tipo C-14/4500 e o empalme proxectado para o enlace con LMTS (expediente IN407A 2020/113).
– Tramo de LMT soterrada de 1.097 m de condutor RHZ1-240 entre os PAS por instalar nos apoios proxectados nº 2 (tipo C-12/3000) e nº 3 (tipo C-14/3000).
– Tramo de LMT soterrada de 176 m de condutor RHZ1-240 entre os PAS por instalar nos apoios proxectados nº 4 (tipo C-16/4500) e nº 5 (tipo C-18/7000).
2. Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dos dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.
A Coruña, 24 de agosto de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados. Termo municipal de Cariño
|
Nº parcela |
Lugar Referencia catastral |
Cultivo |
Titular |
Afección de solo en pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
||||
|
Apoio nº |
m2 |
ml aér. |
ml sot. |
m2 aér. |
m2 sot. |
||||
|
1 |
Amidos 15095A016011230000OS |
Rústico agrario |
Descoñecido |
PR-1 |
2,0 |
2,5 |
7,5 |
||
|
2 |
Leiras 9487521NJ8398N0001RY |
Urbana |
Raúl Veiga Bellón Francisco José Veiga Bellón |
PR-2 |
2,0 |
0,5 |
1,5 |
||
|
3 |
Cova 15095A016004930000OM |
Rústico agrario |
Paco de Viveiro, S.L. |
PR-3 |
2,0 |
3,66 |
10,57 |
||
|
5 |
Cruz de Cabañán 15095A016003120000OS |
Rústico agrario |
Descoñecido |
PR-5 |
2,0 |
5,87 |
17,53 |
||
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.
m2 sot.: superficie de servidume soterrada.
