A instalación denominada LMTS GON806 e BAL708, CS e substitución dos apoios 9SRMLCJX//D56 e 9SPJIALL/D57 foi declarada de utilidade pública mediante Resolución do 6 de agosto de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, da cal a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. ten a condición de beneficiaria.
Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o 13 de novembro de 2026, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo a redacción das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Vigo.
Cada persoa interesada recibirá, coa debida antelación legal, unha notificación individual na que se lle comunicará a data e hora en que se deberá presentar no seu predio e se lle informará de que poderá ir acompañada por perito ou notario, ao seu cargo, se así o considera conveniente.
Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Vigo, 25 de agosto de 2026
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Nº |
Referencia catastral |
Lugar |
Titular |
Nº de apoio |
m² solo |
ml sub. |
m² sot. |
|
1 |
54057A126001230000BB |
A Ermida |
Descoñecido/a |
CT |
13,77 |
8,15 |
35,22 |
|
2 |
54057A126001170000BH |
A Ermida |
María Divina Alonso Rial |
1 |
1,69 |
