Expediente: IN407A 2026/172-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación do proxecto: Desmontaxe CT 15SFWP.
Concello: Ribeira.
Feitos:
Ao abeiro do artigo 135 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, o día 7.6.2026, Elena Navarro Cuellas, en nome e representación de UFD Distribución Electricidad, S.A., achega unha solicitude de autorización administrativa para o peche definitivo das instalacións contempladas no proxecto nomeado Desmontaxe CT 15SFWP, asinado o 27.3.2025 por Javier Fernández Pazos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, número de colexiado 502 de Ourense.
Na documentación presentada detállanse os planos da instalación e as circunstancias polas que se pretende o peche da instalación: desmontar o CT subterráneo debido a problemas de inundacións.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
Segunda. Lexislación de aplicación
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
Terceira. Características técnicas
– Desmantelamento do CT subterráneo con matrícula 15SFWP (expediente IN407A 2009/252-19). Os seus clientes pasan ao CT 15CZ19.
– Conexión da liña de media tensión na arqueta existente fronte ao CT que se vai desmontar, para lle dar continuidade.
Cuarta. No expediente consta un informe favorable do 20.8.2026 emitido polos servizos técnicos deste departamento territorial.
De acordo con todo o sinalado,
RESOLVO:
I. Conceder a autorización administrativa de peche da dita instalación de distribución eléctrica.
II. O desmantelamento da instalación executarase no prazo de seis meses, contado a partir do día seguinte ao da comunicación desta resolución, producíndose a caducidade da autorización de non realizarse os traballos no prazo establecido.
III. Unha vez efectuada a desmontaxe das instalacións deberá comunicalo a este departamento territorial para emitir a acta de peche.
IV. Deberán indicar quen será o responsable do mantemento do local que vai quedar baleiro.
Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícase ás persoas interesadas a presente resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.
A Coruña, 24 de agosto de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
