DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Martes, 15 de setembro de 2026 Páx. 48873

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2026/078-1).

Expediente: IN407A 2026/078-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación do proxecto: LMTS, CTC e RBTS avenida Metrosidero, número 2.

Concello: A Coruña.

Feitos:

1. O día 18 de marzo de 2026, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de dotar de subministración eléctrica un edificio de uso residencial.

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado LMTS, CTC e RBTS avenida Metrosidero, número 2, asinado o día 9 de marzo de 2026 por Susana Casais Pérez, enxeñeira técnica industrial eléctrica, colexiada número 2.033 da Coruña.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitóuselles o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: o Concello da Coruña e o Servizo de Patrimonio Cultural da Coruña. No día desta resolución non constan no expediente respostas ás devanditas solicitudes.

4. O día 20 de agosto de 2026 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

Segunda. Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

Terceira. Características técnicas:

As instalacións obxecto deste expediente están situadas na avenida Metrosideiro, número 2, no concello da Coruña, e as súas características técnicas son as seguintes:

– Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15 kV, cunha lonxitude de 92 m, con orixe en empalmes por realizar no punto de acceso á rede existente na LMT EPU717A procedente da subestación El Puerto, entre o CD Reitorado (15CQE0) e CS Aparcadoiro C. Estrada (15CDYR), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1×240) mm² Al, e final no mesmo punto unha vez entre e saia do centro de transformación proxectado.

– Centro de transformación tipo compacto 2L+1P sen envolvente manobra exterior, en planta baixa de edificio, de 400 kVA, con relación de transformación 15.000/400 V.

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a devandita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentarse neste departamento territorial unha solicitude acompañada da seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do director ou directora da montaxe, no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao medio ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á persoa interesada, de acordo co artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento, notifícaselles esta resolución ás persoas interesadas, consonte o artigo 40.1 da citada Lei 39/2015.

A Coruña, 24 de agosto de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña