DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Martes, 15 de setembro de 2026 Páx. 48870

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Barbadás (expediente IN407A 2026/052-3).

Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que se describen a seguir, tal e como se recollen no proxecto asinado o día 22.4.2026 polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado núm. 2233 do Coeticor, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na data sinalada.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Enderezo: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: LMTS e CR no lugar da Valenzá.

Situación: lugar da Valenzá, concello de Barbadás.

Orzamento: 110.395,97 €.

Características técnicas:

– Centro de reflexión, de tipo prefabricado en superficie, de manobra interior con envolvente de formigón 5L GSM/GPRS/FO +AC +TT.

– LMT soterrada, a 20 kV, de 157 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL(S) 12/20 kV 1×240 mm² Al, con orixe na liña SCV806 do apoio existente núm. 209 da LMTA DC SCV806-CAS806 e final nos empalmes que se realizarán na LMTS SCV806, no tramo entre os apoios núm. D209 e núm. D209-1, tras realizar entrada/saída no centro de reflexión proxectado.

– LMT soterrada, a 20 kV, de 292 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL(S) 12/20 kV 1×240 mm² Al, con orixe e final no entroncamento que se realizará na liña CAS806 do apoio existente núm. 209 da LMTA DC SCV806-CAS806, tras realizar entrada/saída no centro de reflexión proxectado.

– LMT soterrada, a 20 kV, de 146 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL(S) 12/20 kV 1×240 mm² Al, con orixe na cela de liña do centro de reflexión proxectado e final no entroncamento que se realizará na liña CAS806 do apoio existente núm. 209 da LMTA DC SCV806-CAS806.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta dirección territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e das autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 21 de agosto de 2026

O director territorial de Ourense
P.S.L. (Decreto 140/2024, artigo 40.3)
Fernando Pedrido Pérez
Xefe do Servizo de Industria