DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Martes, 15 de setembro de 2026 Páx. 48867

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción de instalacións eléctricas no concello de Castrelo de Miño (expediente IN407A 2026/053-3).

Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que se describen a seguir, tal e como se recollen no proxecto asinado o día 4.12.2025 polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado núm. 2233 do Coeticor, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na data sinalada.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Enderezo: avenida San Luís, 77, 28033 Madrid.

Denominación: Reforma da saída da subestación de Castrelo e substitución do CT Sta. María-32C074.

Situación: encoro do concello de Castrelo de Miño.

Orzamento: 123.726,59 €.

Características técnicas:

– Desmonte do tramo de 510 m de lonxitude da LMTS DC CAS805 e CAS806 desde a subestación de Castrelo ata o apoio núm. D1, que tamén se desmonta. Desmonte do tramo de 66 m de lonxitude da mesma liña desde o apoio núm. D1 existente e o novo apoio núm. D2. Desmonte do tramo de 66 m de lonxitude da LMTA CAS805 desde o novo apoio núm. D2 ata o apoio existente núm. D2-1, que tamén se elimina.

– Substitución do centro de transformación existente, de tipo caseta, denominado Sta. María-32C074, con transformador de 160 kVA, por un novo centro de transformación de tipo prefabricado, compacto, en superficie, de manobra exterior, con envolvente de formigón 2L+1P, con transformador de 250 kVA e R/T: 20.000/400 V.

– Substitución na LMTA DC CAS805 e CAS806 do apoio núm. D2 por un novo apoio de celosía metálica do tipo C-16/7000. Instalación na mesma liña dun novo apoio proxectado núm. D1 de celosía metálica do tipo C-14/7000.

– LMTA, DC CAS805-CAS806, a 20 kV, de 56 m de lonxitude, en condutor LA-110, con orixe no novo apoio núm. D1 e final no novo apoio núm. D2 (Tramo B-C do plano de manobras eléctricas proxectadas MT).

– LMTS, DC CAS805-CAS806, a 20 kV, de 30 metros de lonxitude en condutor RHZ1-2(S) OL 12/20 kV, 3 (1×240 Al) e 303 metros de lonxitude en condutor RHZ1-2 OL 12/20 kV, 3 (1×240 Al), con orixe na cela de saída para liberar da subestación de Castrelo e final no paso A/S para realizar no novo apoio núm. D1 da LMT DC CAS805-CAS806, despois de realizar entrada/saída no centro de transformación proxectado.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta dirección territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 21 de agosto de 2026

O director territorial de Ourense
P.S.L. (Artigo 40.3 do Decreto 140/2024)
Fernando Pedrido Pérez
Xefe do Servizo de Industria de Ourense