Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa identificada no anexo a resolución de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, ben por resultar descoñecido o seu domicilio, ben porque, logo de dous intentos de notificación, esta non se puido efectuar.
A resolución foi ditada pola persoa titular do Departamento Territorial, cuxo texto íntegro, así como o seu expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial de Ourense, na avenida de La Habana, 79, 1º, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A resolución mencionada non pon fin á vía administrativa, polo que pode ser impugnada en alzada, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición de recurso, a resolución devirá firme.
Ourense, 7 de setembro de 2026
Beatriz Fernández Fernández
Directora territorial de Ourense
ANEXO
|
Núm. expediente |
NIF/equivalente |
Acto notificado |
|
OU-2025/00223 |
BE463310 |
Resolución de cancelación da inscrición |
