De conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de tentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse, para notificarlles as resolucións ditadas, ás persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas, por si ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Discapacidade do Departamento territorial de Ourense da Consellería de Política Social e Igualdade, sitas na rúa Sáenz Díez, 33, 32003 Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírteselles que contra as resolucións que se notifican, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer a reclamación previa á vía xurisdicional social neste departamento territorial no prazo de trinta días hábiles, contado desde o día seguinte ao da notificación das ditas resolucións, practicada por comparecencia, de conformidade co artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.
Ourense, 28 de agosto de 2026
Santiago Álvarez González
Director territorial de Ourense
ANEXO
|
Procedemento BS611A Expediente |
Persoa interesada |
Acto administrativo |
Data do acto administrativo |
|
2023/3335-3 |
36174286R |
Remisión documentación resolución |
16.7.2025 |
|
2023/3280-3 |
08215997Y |
Remisión documentación resolución |
24.6.2025 |
|
2023/4248-3 |
34507345P |
Remisión documentación resolución |
9.6.2025 |
|
2024/6104-3 |
45159016B |
Remisión documentación resolución |
18.2.2025 |
|
2023/4942-3 |
10850128Q |
Remisión documentación resolución |
7.11.2025 |
|
2024/2392-3 |
34922588D |
Remisión documentación resolución |
15.1.2026 |
|
2023/4231-3 |
34520775Y |
Remisión documentación resolución |
15.11.2023 |
|
2023/1510-3 |
X1202588X |
Remisión documentación resolución |
4.7.2023 |
|
2023/5876-3 |
36162764W |
Remisión documentación resolución |
23.1.2024 |
|
2024/3818-3 |
35296802J |
Remisión documentación resolución |
30.4.2025 |
|
2023/3992-3 |
20064699M |
Remisión documentación resolución |
18.7.2025 |
|
2023/3117-3 |
34993880R |
Remisión documentación resolución |
16.7.2025 |
|
2024/4729-3 |
34562162Q |
Remisión documentación resolución |
19.11.2025 |
|
2024/1798-3 |
34971175C |
Remisión documentación resolución |
29.8.2025 |
