Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmanse da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración as persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT, RBT Pousada, no concello de Valdoviño (expediente IN407A 2023/392-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 7 de setembro de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/392-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMT, CT, RBT Pousada.
Concello: Valdoviño.
|
Predio |
Lugar |
Referencia catastral |
Titularidade |
Data de ocupación |
|
30 |
Coto Mouro |
15088A01900709 |
Arturo López González |
19.8.2026 |
|
33 |
Coto Mouro |
15088A01900706 |
Andrés Yáñez Naveiras |
19.8.2026 |
