Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio notifícaselles ás persoas sinaladas no cadro anexo a tramitación dunha solicitude de desistencia e arquivamento dun procedemento expropiatorio que formulou a entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., para os efectos de que nun prazo de dez (10) días poidan formular alegacións á dita solicitude.
Transcorrido o devandito prazo sen se efectuaren alegacións, a notificación do acto obxecto desta publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
A Coruña, 7 de setembro de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/194-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: nova LMTS, CT e conexión con RBT en Colúns.
Concello: Mazaricos.
|
Predio |
Lugar |
Datos catastrais |
Titularidade proposta |
|
1 |
Ponte |
Polígono: 506 Parcela: 36 |
Descoñecida |
