DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Mércores, 16 de setembro de 2026 Páx. 49053

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO do nomeamento de funcionaria de carreira dunha praza de técnica auxiliar de biblioteca.

Mediante as resolucións da Alcaldía 945/2026, do 21 de xullo, e 962/2026, do 23 de xullo, nomeouse a Laura Becerra Ríos, con DNI ***0266**, funcionaria de carreira do Concello de Fene, dunha praza de técnica auxiliar de biblioteca, pertencente ao grupo C, subgrupo C1, escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, incluída na OEP 2022.

Este anuncio publicouse no BOP da Coruña núm. 147, do 5.8.2026.

O que se fai público para os efectos dos artigos 62 do TREBEP e 60 da LEPG.

Fene, 7 de agosto de 2026

Alejandra Permuy Meizoso
Alcaldesa