DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Mércores, 16 de setembro de 2026 Páx. 49054

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guitiriz

ANUNCIO de aprobación das bases e da convocatoria para a selección dun/dunha funcionario/a de carreira administrativo/a da Administración xeral (C1) mediante oposición libre (expediente 1018/2026).

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 189, do 20 de agosto de 2026, publicáronse as bases reguladoras do proceso de selección para o ingreso, mediante oposición libre, nunha praza de funcionario/a de carreira administrativo/a da Administración xeral (C1), correspondente á oferta de emprego público complementaria do ano 2026.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

De conformidade co previsto nas bases reguladoras, os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma que estas establezan.

Guitiriz, 21 de agosto de 2026

María Sol Morandeira Morandeira
Alcaldesa