DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Mércores, 16 de setembro de 2026 Páx. 49049

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 19 de agosto de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete a información pública unha solicitude de legalización de obras no concello de Carballo (expediente DH.W15.117910).

En cumprimento do previsto no artigo 53.3.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de legalización de obras:

Solicitante: Concello de Carballo.

DNI: P1501900C.

Expediente: DH.W15.117910.

Lugar: Arnados.

Parroquia: Razo (San Martiño).

Concello: Carballo (A Coruña).

Descrición das actuacións:

As obras solicitadas consisten na execución das obras reflectidas no proxecto de: acondicionamento provisional do aparcadoiro da parcela P1 PE de Razo.

A documentación pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, 15008 A Coruña.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 19 de agosto de 2026

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte