Mediante a Orde do 11 de xullo de 2026, publicada no Diario Oficial de Galicia número 135, do 21 de xullo, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante nesta consellería que se detalla no anexo.
De conformidade co establecido na base sexta da dita orde, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Declarar deserto o posto de traballo que se indica no anexo desta orde.
Segundo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición perante esta Consellería do Mar no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, que se contarán a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2026
Marta Villaverde Acuña
Conselleira do Mar
ANEXO I
Denominación: Secretario/a do/da director/a xeral.
Código: PE.C03.00.000.15770.001.
Nivel: 18.
Complemento específico: 8.064,84 €.
Grupo: C1/C2.
Corpo/escala: xeral.
Adscr. adm. p.: A11.
Formación específica: 640.
Centro destino: Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica.
Localidade: Santiago de Compostela.
Descrición dos códigos da adscrición ás administracións públicas:
A11. Adscrición indistinta a funcionariado da Xunta de Galicia, do Estado e das comunidades autónomas.
Descricións dos códigos das formacións específicas:
640. Para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).
