De conformidade co disposto no artigo 152.12 do Regulamento xeral de costas, aprobado polo Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, publícase a Resolución da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, do 11 de agosto de 2026, pola que se outorgou a concesión de referencia, coas seguintes condicións principais:
Titular: Conservas Ría de Arosa, S.L.
Destino: instalación dun emisario para unha fábrica de conservas no lugar da Lomba, parroquia de Posmarcos, no municipio da Pobra do Caramiñal (A Coruña).
Superficie: 411 m².
Prazo: ata o 17.4.2033.
Canon: 1,40 € por metro cadrado e ano.
Poderá consultarse a resolución completa na seguinte ligazón:
https://ficheiros-web.xunta.gal/medio-ambiente/litoral/concesions/2026/CONC-A-2026-200-C.pdf
Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2026
Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático
