DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Xoves, 17 de setembro de 2026 Páx. 49272

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 8 de setembro de 2026, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente XC-00649-O-2026 e catro máis).

Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo os acordos de inicio ditados pola persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña nos expedientes sancionadores número XC-00649-O-2026 e catro máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro do acordo que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente atópase á disposición das persoas interesadas no Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outórgaselles un prazo quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 8 de setembro de 2026

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF
denunciado

Infracción denunciada

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-00649-O-2026

7794-NCB

45790044B

Atenuante-realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.
8.10.2025; 10.27.00; AP-9; 93,0

Art. 141.25 en relación co 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros

XC-00921-O-2026

5636-LMM

71683072F

Atenuante-realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.
10.10.2025; 9.48.00; AP-9F; 21,0

Art. 141.25 en relación co 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros

XC-02445-O-2026

0375-KXW

71764449D

Atenuante-realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.
25.3.2026; 11.50.00; DP-3109; 5,22

Art. 141.25 en relación co 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros

XC-02446-O-2026

1763-JGF

Y6980251H

Atenuante-realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.
23.3.2026 17:15:00; AC552; 64,0

Art. 141.25 en relación co 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros

XC-02450-O-2026

2917-JLF

X5596213Z

Exceso de peso igual ou superior ao 25 %
5.3.2026; 8.44.00; AP-9; 93,0

Art. 140.23 LOTT-Art. 197.26 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT-Art. 201.h) ROTT-Art. 143.1 LOTT

2.001 euros