Conforme ao previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións ditadas pola persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña nos expedientes sancionadores número XC-03267-O-2025 e outros catro máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente atópase a disposición das persoas interesadas no Servizo de Mobilidade da Coruña.
Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a directora xeral de Mobilidade da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade da Coruña.
No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.
A Coruña, 8 de setembro de 2026
César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña
ANEXO
|
Expediente Matrícula |
DNI/CIF Persoa sancionada |
Infracción cometida Data-hora-estrada-pq. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción imposta |
|
XC-03267-O-2025 1008-LJW |
58002238X |
Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo. 20.3.2025, 10.14.00, AC-552, 23,301 |
Artigo 142.8 da LOTT |
Artigo 143.1.b) da LOTT Artigo 143.1 da LOTT |
201 euros |
|
XC-04183-O-2025 1244-CVG |
35480368Q |
Realizar o transporte de mercadorías perecedoiras sen levar no vehículo as marcas de identificación e indicacións regulamentarias ou levalas en lugares distintos aos establecidos. 11.6.2025, 12.11.00, N-550, 69,0 |
Artigo 142.16 da LOTT Artigo 199.17 da ROTT |
Artigo 143.1 da LOTT Artigo 201a) da ROTT |
100 euros |
|
XC-04969-O-2025 7306-MRR |
Y1954116G |
A realización de transportes públicos de mercadorías, así como a contratación como transportador/a ou a facturación en nome propio de servizos de transporte, carecendo da autorización, sempre que se acredite que, no momento de realizalos ou contratalos, se cumprían todos os requisitos exixidos para a súa obtención e que esta se solicitou dentro dos 15 días seguintes á notificación do inicio do expediente. 10.8.2025, 04.40.00, AP-9, 7,0 |
Artigo 142.1 da LOTT Artigo 199.1 da ROTT |
Artigo 143.1 da LOTT Artigo 201c) da ROTT |
301 euros |
|
XC-05143-O-2025 5995-LYF |
B02817211 |
Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo. 3.9.2025, 11.24.00, AP-9, 93,0 |
Artigo 142.8 da LOTT |
Artigo 143.1.b) da LOTT Artigo 143.1 da LOTT |
201 euros |
|
XC-05169-O-2025 1566-LWR |
B75447466 |
Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo. 16.9.2025 10.41.00, N-550, 41,0 |
Artigo 142.8 da LOTT |
Artigo 143.1.b) da LOTT Artigo 143.1 da LOTT |
201 euros |
